O Grilo Coxo

Sabes o do grilo coxo,
que nas longas noites de lúa
era el tan cantareiro
ata sacase o sombreiro.
Pois nunha noite de trono
desas das que meten medo,
estaba el na cantarela,
da de tocalo violín
coas súas patas traseiras.
E comezou a chover,
tan forte e de tal maneira,
que se puxo a reverter
a súa casa de terra,
no furadiño de cativo,
feito detrás da palleira.
onde el tanto cantara,
toda aquela primavera.
así que estaba tan triste,
por recibir tal molleira,
e no saír para fora,
fuxindo de tal molleira,
perdeu a súa patiña,
que lle arrancou unha pedra.
O topar cun sapo torto,
deses que son arroutados,
e pasean polo horto.
Díxolle moi estirado,
con fala de poucos tratos.
¿Onde vas ti, pailán
nesta noite de recato?
Estou soliño na vida,
sen pata e sen casiña.
Pois coa fame que eu teño,
comeríate sen medo.

Díxolle aquel sapo torto,
sen recato alí no horto.
Eso non te atreverás,
uu que son un grilo coxo,
e xa non podo tocar,
¿non me iras a papar?.
E a mín. que máis me da,
teñas ou non teñas pata,
na miña gorxa, ben pasas.
Pensa que diante da fame,
non ai coxo que me ate.
Tesme que dar máis motivo
Para poder eu deixarte,
se xa non podes ti tocar,
e es un grilo sen arte.
Eso fáltache por ver,
díxolle o ser miudiño,
eu sempre fago camiño,
son músico por destino,
e toco en calquera parte.
E encomezou a tocar,
coa de atrás e coa de adiante,
aquela longa sonata,
que tíñase en dúas patas,
sen botar falta da cuarta.
E o sapo engaiolado,
e torto de nacemento,
de escoitar tal sonata,
deixou libre o talento,
sen bagoas de sufrimento.
así remata a historia,
como se fose un entoxo
do sapo torto e o grilo coxo.