viernes, 11 de mayo de 2012

Miña nai querida





MIÑA NAI QUERIDA

Miña nai querida
reina do meu corazón
¿poderei ser coma ti de maior?

Miña nai querida,
hai, como te quero
canto ti me coidas
e canto eu che debo.

Miña nai querida,
es a miña vida,
con capa ou sen ela
unha superheroina.

Miña nai querida
 calquera día verasme
estalar do amor que teño
para entregar.

A miña terra


                        Galicia

Galicia terra onde nacín,
Árbores e prados tes ti.

Eu son galega,
E intento coidarte
E non contaminarte.

Eu vivo en ti
E son feliz
Estando aquí.

En Galicia hai moita ledicia
Por iso os nenos
Galegos son moi riseiros.

Doce Galicia
Terra onde eu nacín
O meu corazón pertence a ti.

viernes, 22 de abril de 2011

O Grilo Coxo

Sabes o do grilo coxo,

que nas longas noites de lúa

era el tan cantareiro

ata sacarse o sombreiro.

Pois nunha noite de trono

desas das que meten medo,

estaba el na cantarela,

da de tocalo violín

coas súas patas traseiras.

E comezou a chover

tan forte e de tal maneira,

que se puxo a reverter

a súa casa de terra

no furadiño de cativo

feito detrás da palleira.

onde el tanto cantara,

toda aquela primavera.

así que estaba tan triste,

por recibir tal molleira,

e no saír para fora,

fuxindo de tal molleira,

perdeu a súa patiña,

que lle arrancou unha pedra.

O topar cun sapo torto,

deses que son arroutados,

e pasean polo horto.

Díxolle el moi estirado,

con fala de poucos tratos.

¿Onde vas ti, pailán

nesta noite de recato?

Estou soliño na vida,

sen pata e sen casiña.

Pois coa fame que eu teño,

comeríate ata sen medo.


Díxolle aquel sapo torto,

sen recato alí no horto.

Eso non te atreverás,

uu que son un grilo coxo,

e xa non podo tocar,

¿non me iras a papar?.

E a mín. que máis me da,

teñas ou non teñas pata,

na miña gorxa, ben pasas.

Pensa que diante da fame,

non ai coxo que me ate.

Tesme que dar máis motivo

Para poder eu deixarte,

se xa non podes tocar,

ti e es un grilo sen arte.

Eso fáltache por ver,

díxolle o ser miudiño,

eu sempre fago camiño,

son músico por destino,

e toco en calquera parte.

E encomezou a tocar,

coa de atrás e coa de adiante,

aquela longa sonata,

que tíñase en dúas patas,

sen botar falta da cuarta.

E o sapo engaiolado,

e torto de nacemento,

de escoitar tal sonata,

deixou libre o talento,

sen bagoas de sufrimento.

así remata a historia,

como se fose un entoxo

do sapo torto e o grilo coxo.


domingo, 13 de marzo de 2011

A lingua


A miña lingua
A miña lingua e xenial
E ten moitas historias
para contar
O aprender a lingua
e divertida
Non vallas a pensar
Que e aburrida
Se tes gañas de aprender
Moi pronto o vas a entender.