viernes, 11 de mayo de 2012

Miña nai querida





MIÑA NAI QUERIDA

Miña nai querida
reina do meu corazón
¿poderei ser coma ti de maior?

Miña nai querida,
hai, como te quero
canto ti me coidas
e canto eu che debo.

Miña nai querida,
es a miña vida,
con capa ou sen ela
unha superheroina.

Miña nai querida
 calquera día verasme
estalar do amor que teño
para entregar.

A miña terra


                        Galicia

Galicia terra onde nacín,
Árbores e prados tes ti.

Eu son galega,
E intento coidarte
E non contaminarte.

Eu vivo en ti
E son feliz
Estando aquí.

En Galicia hai moita ledicia
Por iso os nenos
Galegos son moi riseiros.

Doce Galicia
Terra onde eu nacín
O meu corazón pertence a ti.