A carreira dun Can




O grilo coxo, dende que saíra de aquela que o quixera papar o sapo, despois da treboada que lle anegara a casa, dende a cal quedara deste xeito. En agradecemento, levantouse cediño aquela maña e preparouse para ir a festa do santo cristo de Goián, pero como ata alá sabíase máis que a carreira dun can, estaba na procura de quen o podía levar ata aló. Así que cando a formiga marela deu con el pousado no cimo daquela cancela, díxolle moi fachendosa.
_Xa me podías levar a festa do santo cristo, íache quedar moi agradecida.
_¡Ai si oh! Vaiche voa, aínda estou na procura de quen podo votar man, non ves que estou coxo, que me falta unha pata das traseiras.
_¡Maila que demo! pois non me decatara diso- repor a formiga marela- pero ti es mais grande que eu, e de tódolos xeitos, sempre chegaríamos antes, xa que ti das grandes brincos aínda cunha pata soa.
O grilo, despois de pensalo un chisco, remata por facerlle caso.
_¡Esta ben! Levareite, se non estarasme a raiar de cotado sen acougo.
E despois de cargar con ela as súas costas, levando xa un bo treito feito, toparon co lagarto Xan, que tamén ía para a festa de Goián. Así que lle dixo o grilo cun chisco de vergoña.
_¡Ai oh1 e si ti puideras votarnos unha man, como ti es máis grande e corres dabondo, ben nos podías levar a festa dos melindres de Goián.
Pero niso que di a formiga.
_¿Como nos imos fiar? O lagarto ten a lingua moi longa, e... ata nos pode papar.
_Ti cala... fachendosa- puxo o grilo con vantaxe- o lagarto e voa xente, vive ala pola Torrente, xa fai tempo que o coñezo.
Pero a formiga que era ela moi retranqueira e medosa , aínda engade.
_¡Eso non lle fai! Os lagartos son lagartos, e poden comer despois de ben fartos, pero... teremos que fiarnos se queremos chegar a tempo a festa do santo.
Así que a formiga Marela no cimo do grilo Coxo e este a cabalo do lagarto Xan, puxéronse a facer camiño ala polas terras do Páramo. E cando xa levaban o seu de andaina, deron co coello Pinto, e daquela que xa ían todos un chisco cansos, sobre todo o lagarto, xa que ían todos o cimo das súas costas. Díxolle o lagarto o coello.
_¡Ai oh! Que ben nos vira a túa axuda.
_¿E para que?- pregunta o rumiante.
_Pois e que levo xa moito peso no cimo de min, e se ti nos puxeras a cabalo, iriamos máis de presa para a festa de Goián.
E o coello Pinto, que era grande en tódolos xeitos, díxolle non moi de acordo.
_Eu lévovos, pero coa condición de que cando canse císcovos o todos no primeiro balado que atope no camiño.
_Non vai a ser mester, ti avisas antes que nos faixaremos de contado.
Meu dito meu feito, todos xuntos agatuñaron o coello pinto para percorrer o treito que faltaba.
Así pois, a formiga Marela no cimo do grilo Coxo que este ía a cabalo do lagarto Xan, quen botado nas costas do conexo Pinto. Semellaban todos como se traballaran nun circo, como se deste xeito repartiran máis o peso aguantando cada quen o seu, como enguedellados nun so, co risco de caer de aquel parapeto. E nesta guisa, foron ata chegar a Escarlán, case xa no territorio de Goián, e de súpeto saíulles o camiño un daqueles cans grandes, que mesmo semellaba un cuxo. O tempo liscaba do reloxo de quen o tivera como alma que leva o Demo, sen acougo e sen remedio para poder chegar a tempo o festorro, que xa mesmo non chegaban a misa das doce, que era a máis fermosa, cantada por case unha ducia de cregos. Así que tiñan que facer algo para poder chegar a tempo, e que mellor que poñerse todos no cimo de aquel cadelo bullo. Aquel San Bernardo tiña moita la para poder agancharse ben e non caerse. Pero antes, tiñan que contar con el. De xeito que o conexo Pinto fala co cadelo, pedíndolle por favor, se el podería achegalos ata a igrexa de Goián, xa que todos eles ían de ofrenda a festa dos cilindres que era como un devecemento.
O cadelo el moi tranquilo como de costume na raza, díxolles.
_Ides ter sorte, xa que hoxe estou máis que farto, o meu amo deume ata rebentar de sobras de conexo. Semella cousa do Demo, cando teño laceira non se achega ninguén, se non íavos a entear de quen son eu. Pero ata me ven ben o estalicar as patas un treito.
Así tódolos zarapallos de aquela vasca tan variada, animais, insectos, e réptiles, agatuñaron o último medio de trasmporte para chegar o destino fixado. Pero polo camiño pasáronas estreitas, xa que o cadelo non freaba nas curvas e todos laiaban de medo da velocidade que poñía o san Bernardo, pero o fin puideron chegar a tempo, san e salvos sen risco de ser larfados, a festa de Goián, e despois de oír a misa, comer os melindres que agardaban, de xeito que remataba aquela carreira dun can.
E coloren colorado, este conto dáse por rematado. Dime neno ¿foi do teu agrada?